Km | Lugar | Distancia parcial | Notas |
---|---|---|---|
12 | Queiruga | 12 | |
24 | Axeitos | 12 | |
31 | Curota | 7 | |
44 | Pazos | 13 | Cea quente / Entrega de bolsas |
56 | Ourille | 12 | |
69 | San Lourenzo | 13 | Café |
82 | Camboño | 13 | Café |
92 | Fonte can | 10 | |
100 | Porto do Son | 8 | Chegada - Xantar de confraternización |
Debes saber
Antes do inicio, revisa o equipamento: non esquezas calcetíns secos, o medicamento que habitualmente usas (en caso de usalo), e especial atención ás túas zapatillas, estado dos cordóns e ollales.
Ademáis de levar o material obrigatorio
(contenedor de líquidos,lanterna ou frontal,gorra ou pano, teléfono móbil con batería e saldo suficiente, chifre para emerxencias e chaqueta paraventos).Recoméndamos levar manta térmica (non obrigatorio)
En caso de que o necesites inclúe no teu equipo un tubo de vaselina, un tubo dalgún linimento que poderás necesitar nalgunha das paradas que efectúes.
O maior “inimigo” da proba que vas afrontar é a calor (sempre q faga calor como ná saída de Rianxo) será de vital importancia a correcta hidratación: bebe auga en cada avituallamiento; leva sempre contigo a cantimplora e énchea nos avituallamientos; a gorra e un pano de pescozo mollados serán bos aliados; non forces o ritmo durante as horas de máxima calor e aproveita para mollarche nas áreas de descanso.
A organización dispón dun servizo médico
Prevé os lugares de descanso: neles aproveita para revisar os teus pés, a presenza dalgunha bocha, etc. e sobre todo, recorre aos estiramentos musculares, como forma de previr calquera lesión posterior.
toma alimentos de fácil dixestión (xamón york, líquidos, cereais).Non empaches,moitos dos abandonos saen dos atracons.
É obrigatorio e moi importante levar frontal. Rógase encarecidamente non retirar ningunha das marcas luminosas que indican o camiño para seguir. Son moitos os compañeiros de aventura que teñen que pasar por esa zona.
Inicia de novo a marcha de forma lenta, aumentando o teu ritmo de paso, sen grandes aceleracións, e tras efectuar unha sesión de estiramento global.
Ante a persistencia dunha dor muscular constante e ben localizado, consulta aos servizos médicos.
Evita correr con xeonlleiras e outros soportes ortopédicos, que che provocarán lesións na pel polo frotamento e a sudoración.
Ao acabar a proba, toma unha ducha e sobre todo,fai un feixe de estiramentos pasivos dos músculos máis sensibles. Ao día seguinte, será o momento oportuno de visitar ao fisioterapeuta, para normalizar o estado xeral da túa musculatura.