NOTA ACLARATORIA: Os ITBS organizamos unha festa, un xantar de confraternización, entre os colaboradores, voluntarios e participantes, coa idea de que sirva de relax, para comentar os episodios vividos nas últimas horas, e para dar a benvida ós últimos que chegan. O ano pasado fóisenos un pouco das mans debido ó número de acompañantes que querían vir. Este ano imos tentar regular isto, a ver qué tal vai. Dádevos conta que nós organizamos unha proba de 100km, non unha comida, e por xentileza, permitimos que algún acompañante dos participantes asista ó xantar. A ver qué tal funciona, e dependendo delo, miraremos para o ano seguir así ou pechala definitivamente ós participantes, voluntarios e colaboradores.
NORMAS DE INSCRICIÓN
A inscrición será posible realizala ata o 25 de xuño. Cada participante poderá inscribir un máximo de 2 acompañantes que compartirán con él a mesa e xantar de confraternización. O coste por acompañante é de 15€.